Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro en Informática
 Subjects
  Linguaxes Naturais
   Methodologies
Methodologies Description
Short answer questions A final de curso realizarase unha proba escrita con problemas de similar dificultade aos plantexados durante o curso.
Guest lecture / keynote speech Nas clases presenciais de teoría, o profesor realizará unha breve descrición dos contidos temáticos e dos obxectivos básicos perseguidos, co fin de dotar ao alumno dunha visión global da materia. Ademais tratará de establecer interrelacións con outros conceptos previamente adquiridos, de forma que se poida establecer unha liña temporal, e exporá a bibliografía recomendada. Seguidamente pasará a desenvolver os contidos teóricos, utilizando como método a clase maxistral.
Workshop Nas clases presenciais de problemas, co fin de afianzar os conceptos teóricos, presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para orientar aos alumnos. Como actividades non presenciais, exporanse exercicios adicionais que o alumno deberá resolver e comentar/corrixir co profesor durante as horas de clases prácticas. Trátase de fomentar a participación dos alumnos e promover, na medida do posible, o diálogo aberto e a valoración de solucións.
Laboratory practice As clases de prácticas de laboratorio obrigan á implementación de solucións para un problema dado. Imporase unha periodicidade na súa entrega para fomentar o estudo continuo. O enunciado das prácticas, que se proporcionará con antelación abonda, detallará o problema e as especificacións, que o alumno deberá respectar estritamente. Este enunciado analizarase cos alumnos. Posteriormente, a labor do profesor será a de supervisar as sesións de prácticas, solucionando dúbidas, corrixindo erros de interpretación, suxerindo lecturas, etc.
Panel discussion Fomentarase o espíritu crítico dos alumnos e o desenvolvemento da súa capacidade para argumentar mediante a realización de debates e discucións en forma de titorías colectivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes