Traballos tutelados |
A4 B1 B2 B4 B8 B10 C2 C4 C5 |
Avaliarase a calidade dos traballo realizados. |
50 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a asignatura é obligatorio: - Unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 5) nos traballos tutelados.
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta. SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): permite recuperar a nota dos estudos de casos.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2,5 sobre 5 no traballo tutelado, e de 2,5 sobre 5 na proba mixta.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.
|