Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)
 Subjects
  Desenvolvemento de Aplicacións SIX Móbiles
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A2 A3 B7 B8 C2 C4 Realizarase unha avaliación contínua do traballo realizado polo alumnado durante as prácticas, polo que a nota das probas deste apartado contabiliza tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Non se repetirán estas probas na segunda oportunidade. 20
Supervised projects A2 A3 B1 B4 B5 B7 B8 C2 C3 C4 C5 Avaliaranse a adecuación ás pautas marcadas, a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, e a entrega do traballo no prazo establecido. O traballo pódese repetir na segunda oportunidade. 40
Mixed objective/subjective test A2 A3 B4 B7 B8 C2 C3 C4 Constará dunha proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante as clases maxistrais e as prácticas. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
Speaking test A2 A3 B1 B4 B5 C3 Constará dunha proba oral na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos durante o traballo tutelado. Esta proba pódese repetir na segunda oportunidade. 20
 
Assessment comments

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO o estudante que non realice a proba mixta nin o traballo tutelado.

Na segunda oportunidade pódese recuperar só a proba mixta, só o traballo tutelado, só a proba oral, ou calquera combinación de elas, de maneira que as notas das partes repetidas nesta oportunidade sustitúen sempre as da primeira. Terá cualificación de NON PRESENTADO o estudante que non recupere nin a proba mixta nin os traballos tutelados.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 40% da nota, entregar o traballo tutelado e realizar a súa defensa oral.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación, recollendo coñecementos e competencias adquiridos durante as sesións maxistrais, prácticas e traballo tutelado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes