Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Álxebra |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra | Código | 614G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A3 C6 C7 | Ao final do curso realizarase unha proba escrita. Esta proba inclúe: - Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos. - Exercicios cun grao de dificultade similar aos realizados en clase e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos. Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión destes e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos. A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua. Para aprobar a materia é necesario obter máis de tres puntos dos oito posibles na proba escrita. |
80 |
Prácticas de laboratorio | A1 B3 B6 C1 C6 | Ao longo do curso realizarase unha avaliación dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre as definicións dos conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares aos do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta ás cuestións e exercicios formulados así como a presentación e claridade da exposición realizada. Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupo reducido. A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico. |
20 |
Aprendizaxe colaborativa | A1 B3 C1 C7 | Valorarase a participación activa do alumnado nas sesións. |
0 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e as posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria. Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia. |
|