Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural |
Subjects |
Comunicación e interpretación intercultural |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2015/16 | |||||||||||||
Subject | Comunicación e interpretación intercultural | Code | 615472209 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Directed discussion | Presentación e comentario na clase de textos asignados por alumno/a ou por grupos de alumnos. Ao comentario e discusión --coordinada polas profesoras-- sumaranse voluntariamente os demáis alumnos e alumnas. No caso das persoas que cursan a modalidade on-line, a participación a distancia queda habilitada a través de comentarios introducidos na Moodle. A participación a distancia en directo nos debates que se xerarán na aula dependerá da dispoñibilidade de recursos técnicos de gravación e retransmisión en directo. |
Oral presentation | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. No caso do alumnado matriculado na modalidade on-line, garántense mecanismos que permitirán que este alumnado participe aproveitando dos soportes dixitais dispoñíbeis. |
Supervised projects | 1. Presentación do guión/rascuño do traballo final. 2. Desenvolvemento dun traballo final. Para o traballo final cabe a posibilidade de realizar un deseño dunha proposta de investigación hipotética en referencia a un fenómeno ou problemática de comunicación intercultural. Para o desenvolvemento do mesmo será necesaria a síntese crítica de documentos traballados na materia e doutros propostos por cada alumna/o. No caso das persoas que cursen o mestrado de forma non presencial, tras a entrega do correspondente traballo tutelado, realizarase unha titoría virtual na que se revisarán distintos aspectos do traballo co/a estudante en cuestión co obxecto de garantir a identidade da persoa que entrega dito traballo. |
|