Traballos tutelados |
A materia avaliarase a través dunhas preguntas base que serán integradas ao traballo tutelado global para a avaliación do módulo. As preguntas versarán sobre a bibliografía, as experiencias e todo aquilo tratado na clase maxistral (ou on line), sendo a modalidade de traballos a mesma para asistentes e non asistentes, en canto a criterios de avaliación, acceso á información e preguntas. No caso de alumnado non asistente deberán afacerse ao emprego de moodle para respostar as preguntas.
Para garantir no proceso de avaliación a identidade do estudantado a distancia, cada un/ha deste terá que presentarse visualmente, acompañado por algún documento oficial de identidade.
|
Obradoiro |
Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
|
Sesión maxistral |
O alumno levará rexistro de asistencia ás sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 70% de asistencia (ou constancia de seguimento da sesión para os estudantes on-line) para ser avaliado durante o curso, aparte das convocatorias oficiais. Durante estas clases presenciais traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados para tratar estudos de casos ou experiencias concretas. |