Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Subjects
  Asistencia á poboación estranxeira en contextos de acollida: Sanidade e Servizos Sociais
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects A materia avaliarase a través dunhas preguntas base que serán integradas ao traballo tutelado global para a avaliación do módulo. As preguntas versarán sobre a bibliografía, as experiencias e todo aquilo tratado na clase maxistral (ou on line), sendo a modalidade de traballos a mesma para asistentes e non asistentes, en canto a criterios de avaliación, acceso á información e preguntas. No caso de alumnado non asistente deberán afacerse ao emprego de moodle para respostar as preguntas.
Para garantir no proceso de avaliación a identidade do estudantado a distancia, cada un/ha deste terá que presentarse visualmente, acompañado por algún documento oficial de identidade.
Workshop Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Student portfolio O alumno recopilará todo o traballo feito ao longo do curso
Guest lecture / keynote speech O alumno levará rexistro de asistencia ás sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 70% de asistencia (ou constancia de seguimento da sesión para os estudantes on-line) para ser avaliado durante o curso, aparte das convocatorias oficiais. Durante estas clases presenciais traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados para tratar estudos de casos ou experiencias concretas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes