Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sostible |
A2 |
Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras |
A5 |
Que os alumnos teñan coñecementos sobre a normativa que regula as actividades turísticas |
A6 |
Saber manexar o capital social, entendendo o destino turístico como sistema e relacionar axentes implicados no desenvolvemento do produto turístico |
A7 |
Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan ás innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor |
A8 |
Planificar novos destinos e produtos turísticos |
A9 |
Remodelar destinos turísticos maduros para adaptalos ás novas esixencias da demanda e ao desenvolvemento sostible das comunidades receptoras |
A10 |
Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización |
A11 |
Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector |
A12 |
Utilizar as metodoloxías científicas axeitadas tanto cualitativas coma cuantitativas |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B11 |
Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico. |
B13 |
Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |