Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
|
|
Identifying Data | 2015/16 | |||||||||||||
Subject | Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos gastronómicos e enolóxicos | Code | 615488011 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Objective test | A6 A8 A2 B6 B1 B2 B4 C1 | A proba escrita de contido teórico-práctico consistirá na resolución de exercicios breves e/ou resposta a cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e/ou preguntas de desenvolvemento. | 70 |
Directed discussion | A7 B6 B11 B2 | Valorarase a participación e propostas achegadas, tanto polos alumnos presenciais coma polos alumnos on line (a través de foros virtuais). | 30 |
Assessment comments | |||
Durante o desenvolvemento desta materia (dende o día luns 29 de febreiro ao día venres 11 de marzo do 2016, ata as 23:55 horas) daranse as indicacións oportunas por correo electrónico ou a través da plataforma Moodle, respecto á avaliación. É importante ter en conta que a modalidade online ten o mesmo ritmo de traballo/período de clases que os da modalidade presencial.
- Para superar a materia na 1ª oportunidade, hai 2 opcións: a) Realización individual dun EXERCICIO FINAL (máximo 3 folios) que será colgado na plataforma a partir do día 1 de marzo de 2016 ás 16:00 horas, e que deberá entregarse antes das 23:55 hs. do día 8 de marzo. Avaliación: Se se escolle esta modalidade, a máxima nota a obter sería SEIS puntos, analizada do seguinte modo: - Sesión maxistral: ata 1 punto máximo (para os alumnos on line: por lectura do material, participación nos foros/debates on-line e/ou realización dos exercicios correspondentes, e para os alumnos presenciais: pola súa involucración nas sesións) - Exercicio final: ata 5 puntos máximo pola elaboración deste exercicio, que deberá ser realizado presencialmente, ou a través da plataforma moodle.
b) Realización dunha PROBA FINAL con contido TEÓRICO-PRÁCTICO que consistirá fundamentalmente na realización dun traballo proposto polo profesor de forma individual sobre algún dos contidos da materia (Máximo 3 ou 4 folios). Avaliación: Se se escolle esta modalidade, a máxima nota a obter sería DEZ puntos, analizada do seguinte modo: - Sesión maxistral: 30% (para os alumnos on line: por lectura do material, participación nos foros/debates on-line e/ou realización dos exercicios correspondentes, e para os alumnos presenciais: pola súa involucración nas sesións). - Proba final: 70% (con contido teórico-práctico). A devandita proba, deberá ser realizada presencialmente, ou a través da plataforma moodle entre as 16:00 hs. do día venres 11 de marzo de 2016 e as 14:00 hs. do día domingo 13 de marzo de 2016. Para iso, o alumno dispoñerá dun tempo máximo de 3 horas, a contar dende o momento en que proceda á apertura do enunciado da Proba.
O alumno só poderá realizar unha das dúas alternativas anteriores. Durante a última semana do mes de marzo de 2016 facilitaranse as cualificacións finais provisionais e unha posible data de revisión/discusión destas na seguinte semana.
Para superar a proba na 2ª oportunidade, deberase presentar un traballo sobre un tema proposto polo profesor. Oportunamente, e coa debida antelación, facilitaranse as datas e toda a información necesaria para a realización e entrega deste. As cualificacións finais provisionais e unha posible data de revisión/discusión destas facilitarase, como máximo, unha semana antes do peche de actas no mes de xullo (2ª oportunidade). |
|