Análise de fontes documentais |
Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia. Empregarase como introdución xeral a algúns dos temas |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Realización dunha actividade de carácter práctico a través da que se propon unha situación que require ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Lecturas |
Conxunto de textos e documentación escrita que se utilizarán como fonte de profundización nos contidos traballados |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada con uso de medios audiovisuales y la introdución de algunas preguntas dirigidas a los estudantes, con la finalidad de transmitir conocimientos y facilitar el aprendizaje |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|