Traballos tutelados |
A17 B1 B5 B12 B17 |
Trátase da valoración da serie de exercicios descritos máis arriba (véxase apartado de "metodoloxía") que han de realizarse, ben por escrito, ben asinando unha folla de asistencia aos mesmos. A principio do curso os estudantes serán puntualmente informados o tipo de prácticas que han de realizar, como realizalas, e de cales delas serán consideradas para a súa avaliación. |
20 |
1º) Para superar esta materia, tanto na convocatoria de xuño como, no seu caso, na de xullo, é necesario alcanzar o cinco puntos, independentemente do valor que a avaliación adquira en cada un dos ítems avaliados.
2º) No caso daqueles estudantes que non superen a materia na convocatoria de maio/xuño, a nota de asistencia e a dos traballos de curso se garda para a convocatoria de xullo. Entre ambas convocatorias non poderán repetirse os traballos.
3º) Os traballos obxecto de avaliación haberán de realizarse na aula ou entregarse en clase os días sinalados no "Programa de Exercicios", do que os estudantes disporán a principios do cuadrimestre. Fora destas datas, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas.
|