General description |
Trátase dunha materia de carácter eminentemente introductorio cuxo obxectivo xeneral é ofrecer ao estudante unha visión o máis ampla posible desta disciplina, sen deixar de abordar os temas de maneira que se procure un coñecemento notable dos mesmos. Xunto a este obxectivo xeral, o ensino desta materia, no marco dos temas que lle son propios, exponse cubrir outro tres obxectivos clave que son os seguintes: 1) que o estudante coñeza a herdanza intelectual e as ferramentas conceptuais de que dispón a Ciencia Política como disciplina científica; 2) que o estudante coñeza os resultados das principais liñas de investigación que se desenvolveron, así como os enfoques cos que abordar o estudo dos procesos, os actores e as institucións políticas; e 3) que o estudante reforce as súas habilidades respecto da sistematización de ideas, a presentación das mesmas, a orde do seu discurso, a posta en común dos seus coñecementos, e que sexa capaz de alcanzar estes obxectivos tanto no seu traballo individual como en equipo. |