Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Análise multivariante de datos sociais |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Análise multivariante de datos sociais | Código | 615G01206 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A explicación dos contidos teóricos de cada un dos temas desenvolverase na aula a partir das lecturas previas que tiveron que realizar os alumnos. Esas lecturas forman a bibliografía básica da materia e están dispoñibles na biblioteca da Facultade. A proba obxectiva basearase no coñecemento desas lecturas básicas. |
Prácticas a través de TIC | Ao longo do desenvolvemento das sesións maxistrais realizaranse unha serie de probas prácticas en clase sobre cada unha das técnicas analíticas ensinadas. A realización de cada práctica implicará o dominio dalgunha aplicación informática de análise de datos. |
Proba obxectiva | Ao longo do cuadrimestre faranse varias probas obxectivas teóricas para que os alumnos mostren o seu grao de comprensión dos conceptos estudados. |
Presentación oral | Os alumnos, organizados en grupos de tres persoas, exporán un artigo de investigación que utilice a técnica en cuestión. O profesor facilitará aos alumnos tanto o texto sobre o que versará a exposición como o guión da exposición. |
Traballos tutelados | O traballo tutelado consiste en que o profesor asigne un tema de investigación empírica a cada un dos grupos definidos e, a partir de datos secundarios dispoñibles, eses grupos apliquen as técnicas de análise obxecto da materia. O traballo tutelado realizarase, se é posible, en grupos de non máis de tres alumnos. |
|