Dado que o 90% da nota é resultado da proba obxectiva (exames parciais), é imprescindible a superación dos mesmos para superiar a materia.
Haberá dous exames parciais, que deberán de superarse. Caso de non superarse algún deles, poderase recuperar na convocatoria ordinaria ao final do cuadrimestre. A esta convocatoria poderase acudir non só cos parciais pendentes (suspenso ou non presentado) dese ano académico, senón tamén se poderá tratar de "subir nota" no caso de telos superados (ese mesmo ano académico).
Para a convocatoria ordinaria de febreiro: No caso de no ter realizado e superado, nese ano académico, algún dos exames parciais, a superación da materia esixe presentarse con todo o temario, referido aos dous parciais.
Para a convocatoria extraordinaria de xullo: Todo o alumnado vai con toda a materia (mesmo aínda que tivera superado algún parcial nese mesmo ano académcio).
Os exames parciais fíxanse na aula na primeira quincena do cuadrimestre, e realízanse no horario da materia ou fóra do mesmo; en ningún caso se farán exames noutras datas para aquelas persoas que non puidensen acudir ao fixada pra celebración do parcial (mesmo aportando xustificante de grave imposibilidade). Isto mesmo vale para as convocatorias ordinarias e extraordinarias.
Non se poderá suplir o exame cun un traballo ou outro exercicio.