Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ó programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. Tamén se explicará dun xeito xeral a guía docente ó alumnado así como o procedemento de avaliación da asignatura. Por iso é de importancia máxima a presencia do alumnado a estas actividades.
Traballos tutelados Traballo "tutelados" pola profesora. Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que a profesora propón situacións ó alumnado que requiren por parte do estudiante identificar un problema obxecto de estudio, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Execución de prácticas de investigación no eido da Socioloxía da Educación, mesmo a través de traballos de aprendizaxe colaborativa ou de aprendizaxe servicio.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar as aprendizaxes dos contidos da asignatura a través do estudio da bibliografía e a confección de apuntes propios polo alumnado.
Recensión bilbiográfica El alumnado debera presentar por escrito unha recensión e análisis de cuatro lecturas seleccionadas de entre os textos indicados pola profesora da asignatura. Podrán ser citados para revisarlo contido de estas recensiones. A súa avaliación favorecerá o traballo feito en grupo e a súa presentación conxunta así como a elaboración creativa. Logo a actividade do grupo de traballo continuará ó longo dos traballos "tutelados" pola profesora para poder ser avaliados mediante unha avaliación continua.
A presentación desta recensión é unha actividade obligatoria para todo o alumnado. Aqueles outros alumnos que prefiran presentarse ó examen tamén deberán presentar esta recensión na data fixada pola profesora e logo poderíanse presentar á proba mixta de examen.
Obradoiro Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Nos obradoiros traballaranse calqueira tipo de aspectos relacionados có desenvolvemento das distintas aplicacións teóricas da materia que o precisen.
Saídas de campo Obtención de datos a través da aplicación dalgunha ferramenta de investigación, preferentemente cualitativa.
Proba oral Técnica metodolóxica que supón a utilización de exposición oral apoiándose en documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregra como introducción xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Participación, organización e colaboración de principio a fun dunha labor dirixida e "tutelada" pola profesora qeu deberá ser presentado a través do material debidamente ordenado e elaborado por un grupo ou equipo de traballo conformado por estudantes da materia que previamente optasen por esta fórmula de avaliación, para logo ser evaluados a través da proba oral.
As aprendizaxes colaborativas axudan a darlle significación á educación e sirven para experienciar académicamente o significado sociológico do proceso de cambio socioformativo que se está a desenvolver na actualidade..
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes