Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Estrutura e cambio social de Galicia |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Estrutura e cambio social de Galicia | Código | 615G01412 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A2 A3 A8 | Do explicitado na parte teórica da asignatura, haberá que integralo no traballo co que se avalía principalmente a asignatura | 15 |
Lecturas | A17 B3 B5 B6 | O seguimento, ampliación e capacidade de profundización nos temas explicitados nas sesións maxistrais veranse reflectidas polos textos e lecturas que leve a cabo o alumnado e que podan ser repercutidas e avaliadas no traballo teórico-práctico | 15 |
Discusión dirixida | B3 B6 B13 C4 | As clases, tanto na súa parte TEÓRICA como na parte PRÁCTICA, están deseñadas para facilitar a participación do alumnado e para plantexar cuestións e debates nos que o alumnado opine, se implique e mostre interese polos contidos da asignatura. Ese interese e a participación serán tidas en conta na avaliación. | 10 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A2 A3 A8 A15 A17 B3 B5 B6 B13 | Esta é a parte máis importante e significativa da asignatura, na que se pretende mixturar e aplicar os coñecementos teóricos coa súa aplicación práctica ao estudo da realidade social, neste caso da sociedade galega. Neste apartado, polo tanto, o alumnado terá que demostrar as súas destrezas tanto en materia de coñecementos adquiridos como da súa valía investigando. No traballo de investigación se pretende reflexar o resultado da asignatura, nas súas diferentes fases, metodoloxías, contidos e avaliacións (desde as clases maxistrais, ata o estudo de casos ou lecturas), o na que o alumnado deberá recoller os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como a procura doutra que sirva para o propósito da investigación a realizar. |
40 |
Traballos tutelados | A17 B3 B5 B6 B13 | De cara ao proxecto da investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto. Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións. As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilitade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.
A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega ou algún aspecto da mesma. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia ou outros pilares da asignatura. En principio, o traballo vai a ser igual para todos os alumnos: conseguir a mellor descripción da sociedade galega. Admitíndose outras propostas, ben polo seu interese, innovación, circunstancias, etc. Tamén poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores. Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas. Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua. Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico. O traballo participativo e a asistencia so serán válidas para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua. Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores. |
|