Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Subjects
  Estructura y cambio social de Galicia
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A2 A3 A8 Do explicitado na parte teórica da asignatura, haberá que integralo no traballo co que se avalía principalmente a asignatura 15
Workbook A17 B3 B5 B6 O seguimento, ampliación e capacidade de profundización nos temas explicitados nas sesións maxistrais veranse reflectidas polos textos e lecturas que leve a cabo o alumnado e que podan ser repercutidas e avaliadas no traballo teórico-práctico 15
Directed discussion B3 B6 B13 C4 As clases, tanto na súa parte TEÓRICA como na parte PRÁCTICA, están deseñadas para facilitar a participación do alumnado e para plantexar cuestións e debates nos que o alumnado opine, se implique e mostre interese polos contidos da asignatura. Ese interese e a participación serán tidas en conta na avaliación. 10
Research (Research project) A2 A3 A8 A15 A17 B3 B5 B6 B13 Esta é a parte máis importante e significativa da asignatura, na que se pretende mixturar e aplicar os coñecementos teóricos coa súa aplicación práctica ao estudo da realidade social, neste caso da sociedade galega.
Neste apartado, polo tanto, o alumnado terá que demostrar as súas destrezas tanto en materia de coñecementos adquiridos como da súa valía investigando.
No traballo de investigación se pretende reflexar o resultado da asignatura, nas súas diferentes fases, metodoloxías, contidos e avaliacións (desde as clases maxistrais, ata o estudo de casos ou lecturas), o na que o alumnado deberá recoller os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como a procura doutra que sirva para o propósito da investigación a realizar.
40
Supervised projects A17 B3 B5 B6 B13 De cara ao proxecto da investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
 
Assessment comments
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilitade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega ou algún aspecto da mesma. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia ou outros pilares da asignatura.

En principio, o traballo vai a ser igual para todos os alumnos: conseguir a mellor descripción da sociedade galega. Admitíndose outras propostas, ben polo seu interese, innovación, circunstancias, etc. Tamén poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo e a asistencia so serán válidas para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes