As prácticas externas son unha actividade de carácter formativa e obrigatoria que se realiza por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nunha entidade non gubernamental, nun organismo, institución administrativa, económica ou profesional ou nun centro de investigación (de carácter público ou privado).
O/A estudante en prácticas é aquel que, unha vez superado a lo menos o 75% dos créditos ECTS da titulación, solicitou formalmente a súa incorporación ao Programa de Prácticas e recibiu por parte do/da Coordinador/a de dito Programa a asignación correspondente da institución onde realizará as prácticas e do/da seu/súa titor/a en dita institución, así como do titor/a que se encargará da súa supervisión académica.
Todos os anos, a Facultade a través do/da Coordinador/a das prácticas, abrirá un prazo para que os/as estudantes soliciten a realización das mesmas, para o cal se disporá dunha listaxe cos Centros nos que se poidan realizar as prácticas.
As prácticas realizaranse no período establecido pola Facultade. A súa duración ha de sumar 275 horas, que se computarán por 11 créditos ECTS. O crédito ECTS restante será empregado polo estudante para o deseño previo da súa actividade no centro e para a elaboración da Memoria de Prácticas. Ao comezo do período de prácticas o/a estudiante acordará co/a titor/a externo/a o horario e calendario concreto de realización das prácticas, segundo os horarios habituais do Centro de prácticas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías