Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades acuáticas e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A11 A12 A18 B2 B5 B6 B7 B8 B11 B19 B20 Calquera traballo presentado que non sexa orixinal, perderá a puntuación correspondente.

Calquera traballo con apartados copiados, perderá a puntuación correspondente, ao igual que o traballo do alumno que permita a copia.

Propóñense dous traballos ao longo do curso de carácter voluntario:

1. Traballo de prácticas nunha escola de actividades acuáticas (15%):

- É obrigatorio axustarse ao formato establecido para que a memoria sexa avaliada.
- É obrigatoria, como mínimo, a entrega do traballo en formato dixital.
- Non realizar as prácticas ou non entregar a memoria de prácticas unha vez que o alumno se comprometeu, mediante documento asinado, á realización deste traballo implicará a perda do 15% da nota final da materia.
- En caso de ser maior a demanda dos alumnos para realizar esta actividade que a oferta de prazas determinaranse os alumnos participantes en función da puntuación obtida no apartado lecturas ata a data da oferta.

- Basearase na realización de prácticas nunha escola de actividades acuáticas, de natación ou de wáter-polo durante un mínimo de 7 sesións e un máximo de 15, tras o cal se presentará unha memoria sobre os aspectos máis representativos desta, aos que se achegarán impresións e a crítica fundamentada do observador.
- Os labores a desempeñar durante eses días terán un carácter progresivo de intervención, comezando como meros observadores para logo desempeñar funcións de axuda no grupo asignado da escola, para por último converterse no profesor, aínda que sempre baixo a supervisión do responsable directo do grupo e con tutorización obrigatoria.
- Con estas prácticas inténtase simular unha situación real onde se implique o alumno, o cal podemos considerar como unha boa preparación xa que nela non só ha de responder tecnicamente posto que tamén se involucra psicolóxica e emocionalmente no proceso de ensino-aprendizaxe.
- O grupo de persoas, con que se desenvolva esta actividade de prácticas, e o seu nivel será acorde cos obxectivos e contidos da materia na que se ache integrada.
- Intentarase facilitar a realización das prácticas tanto nas instalacións do Facultade como en piscinas próximas do Concello de Oleiros, pero no caso de que se interrompesen ou cesasen as actividades nelas se xestionará a posibilidade da realización das prácticas noutras instalacións que resulten de interese atendendo ás características e obxectivos das súas actividades, os seus horarios e a súa localización, facilitando na medida do posible as condicións de asistencia aos nosos alumnos.
- Para que a memoria sexa avaliada atender ás normas específicas contempladas na materia presentada no campus virtual da UDC (plataforma Moodle).

- Data de entrega: 10 días naturais despois de finalizada a última práctica na escola.

2. Traballo sobre as prácticas físicas (15%)

- Será obrigatoria a participación en polo menos o 70% das clases teórico-prácticas, as cales poderán desenvolverse tanto na piscina coma na aula, para a presentación do traballo de prácticas.
- Data de entrega: aconséllase entregar unha semana despois da conclusión da última clase práctica; non se recollerá ningún traballo durante as dúas semanas previas á firma de actas.
- Para que o traballo sexa avaliado debe atender ás normas xerais de presentación consideradas na materia integrada no campus virtual da UDC (plataforma Moodle).
- Entregar en formato dixital, se ben se poderá solicitar calquera documento manuscrito utilizado durante o desenvolvemento das prácticas.
30
Práctica de actividade física A5 A11 A21 A25 A27 A33 B1 B2 B4 B11 B17 - Exame final de execución sobre contidos desenvolvidos nas prácticas.
- A avaliación só se considerará con apto ou non apto, non existindo outro tipo de valoración.
- Este apartado é obrigatorio e a non realización deste ou a non superación, en conxunto, das tarefas formuladas ou das cuestións realizadas implicará non aprobar a materia.
- Previo á realización do exame práctico cada alumno deberá presentar en formato dixital (documento dispoñible en Moodle):
a. Tempos empregados en cada un dos contidos traballados relacionados con cada un dos test de avaliación solicitados.
b. Tempo total por sesión de práctica física relacionada co punto 1.
c. Tempo total empregado en cada un dos contidos relacionados con cada un dos test solicitados de avaliación ao longo de todas a sesións.
d. Tempo de práctica total, resultado da suma dos apartados do punto 3.

- Previo á realización do exame práctico cada alumno deberá realizar, polo menos, unha titoría práctica.

- Tareas concreta a realizar serán as seguintes:
a) Mergullo de cabeza e deslizar en posición de mínima resistencia ata alcanzar 7.5 m sen efectuar ningún tipo de propulsión.
b) Partindo dende a superficie, xunto á parede do vaso, somerxerse e recoller, antes de saír á superficie, 3 obxectos situados no fondo e a unha distancia de 5, 7.5 e 10 m, respectivamente, con respecto á situación de partida.
b) 100 m nado crol con respiración lateral en menos de 100 s realizando viraxes elementais; o 2º parcial realizarase con respiración bilateral.
c) 25 m pés braza con táboa
d) 25 m nado braza - con correcta coordinación entre as accións de Brazos - Respiración - Pernas.
e) 25 m pés costas cos brazos estendidos diante da cabeza
f) 15 s pés de bicicleta estático +15 m pés de bicicleta

- Poderase interromper a avaliación práctica no momento en que unha das probas, atendendo á orde indicada, non sexa superada.
- Se se considera oportuno, poderase formular adicionalmente, a avaliación doutras tarefas realizadas durante as sesións prácticas.
0
Presentación oral B7 B9 B16 C1 Exposición pública do resumo dunha lectura, dunha reflexión ou dos aspectos máis destacables dun dos traballos tutelados (carácter voluntario):
- A presentación deberá estar ben preparada, seguindo unha orde das formulacións e demostrando un dominio de materia a expoñer.
- A exposición do traballo tutelado poderá realizarse en pequeno grupo.
- A presentación, se se desexa, poderá contar con soporte audiovisual.
- Tras a exposición tanto o resto dos alumnos coma o profesor poderán realizar preguntas ou suxestións.
15
Lecturas A27 B1 B7 B9 B15 C7 Ao longo do curso presentarase a través de Moodle unha serie de controis para motivar á lectura dos documentos facilitados, así como para estimular o estudo e a resolución de dúbidas (carácter obrigatorio).
Para que este apartado puntúe é necesario:
- asistir a unha titoría para cubrir enquisa sobre satisfacción da avaliación docente;
- cubrir cuestionario sobre adquisición de competencias da materia ao inicio e final do cuadrimestre.
15
Proba mixta A11 A18 A21 A25 A26 A27 A33 B1 B2 B7 B9 C1 Exame final teórico de toda a materia impartida na materia, no cal se incluirán os contidos tratados nas prácticas; o tipo de exame será de exposición escrita (preguntas de desenvolvemento temático e preguntas de respostas breves) e/ou cuestións obxectivas. 37.5
Foro virtual B7 B16 C1 C6 Exposición de calquera dos problemas achados durante as sesións prácticas, xa sexa de situacións vivenciadas nas prácticas da propia materia ou ben das prácticas realizadas na escola de actividades acuáticas; así como de cuestións relacionadas con calquera outro aspecto do temario (carácter voluntario):
- A participación ha de estar documentada e ser reflexiva.
- A mera participación no foro non implica obter cualificación ningunha.
2.5
 
Observacións avaliación
Para aprobar a materia serán requisitos indispensables, pola seguinte orde:
1. Asistencia polo menos ao 70% das sesións para todos aqueles alumnos matriculados na materia por primeira vez ou no caso de segunda matrícula ou posterior se non se completou con anterioridade a porcentaxe indicada. No caso de que un alumno, por razóns xustificadas documentalmente, non poida asistir polo menos ao 70% das clases teórico-prácticas, deberá realizar un exame sobre cuestións e procedementos metodolóxicos do ensino das habilidades acuáticas, formuladas durante o desenvolvemento da materia, en situación simulada na propia piscina.
2. Que o resultado do exame teórico sexa igual ou superior a 5.00.
3. Que a media ponderada resultado dos distintos elementos de avaliación sexa igual ou superior a 5.00; pola contra haberase de repetir o exame teórico. Segundo o exposto, a nota final obterase como resultado da media ponderada dos distintos apartados da avaliación, considerando que calquera porcentaxe correspondente a unha actividade que non sexa realizada, nin obrigatoria, pasará a integrarse no apartado do exame teórico-práctico.
Criterios de actuación cos estudantes lesionados na avaliación da práctica da actividade física:
- Os alumnos lesionados poderás solicitar a adaptación das tarefas motoras a realizar nas probas de avaliación; no caso de que non fose posible a súa realización, a avaliación levarase a cabo nunha posterior oportunidade desta ou outra convocatoria.
Mantemento de notas en convocatorias posteriores:
- Manteranse as cualificacións obtidas dos traballos realizados e do exame práctico nas seguintes convocatorias ás que se presente o alumno.
- Os criterios para as convocatorias extraordinarias serán os mesmos aos xa establecidos.
Observación con respecto ás convocatorias de exame:
- Cada convocatoria consta de dúas oportunidades (Xuño e Xullo). Cando nunha mesma convocatoria un alumno ten unha cualificación de non presentado" nunha oportunidade e "suspenso" na outra, no seu expediente constará na convocatoria como "suspenso".
Observación con respecto á puntuación das preguntas de exame.
- Na folla de exame, a puntuación de cada pregunta farase explícita no caso de que as preguntas teñan un valor diferente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes