Os alumnos deberán cumprir os criterios de asistencia,
participación, actitude de cooperación e comportamento respectuoso co material
e todas as persoas da comunidade universitaria.
O profesor levará un rexistro
dos trabllos efectuados polos alumnos nos apartados do esquema e lecturas, que terán unha valoración, cada un deles, dun 10% da nota final.
Os alumnos poderán realizar un traballo de autoadestramento e
autoavaliación do lanzamento a canastra ou outro alternativo previa aceptación do profesor e xustificación das competencias que permitirá adquirir ao alumno. A entrega dos datos do autoadestramento de lanzamento efectuaráse na segunda e terceira
semana de curso e, no caso dun traballo alterrnativo o proxecto de traballo, terá estar entregado persoalmente, na derradeira sesión da segunda semana de curso. O devandito traballo achegará, de cumprir con todos os
obxectivos e procedementos propostos, un 20% da nota final, de non cumplir cos criterios indicados os alumnos non poderán conseguir puntuación neste apartado.
Os exames práctico e teórico, achegan, cada un, un 30% do total da
cualificación.
O exame práctico consistirá en tres probas: lanzamento a canastra, circuíto de
bote, cambio de man entre as pernas e lanzamento en bandexa e práctica nunha
situación global de xogo (3 x 3, 4 x 4 ou 5 x 5). Nesta situación
de xogo global teranse en conta os aspectos básicos que deberán desempeñar como
xogador con balón, compañeiro do xogador con balón e como defensores nestas
dúas situacións.
Os alumnos que non cumplan os criterios de asistencia deberán facer, na convocatoria extraordinaria de Xullo, unha proba complementaria sobre metodoloxía do ensino do baloncesto.
En caso necesario, ou de adaptacións curriculares significativas, a porcentaxe do traballo poderá alcanzar o 100% da nota final.
Non se gardará a nota de ningún exame dun curso para o seguinte.