Mixed objective/subjective test |
A3 A4 A12 A18 A19 A23 A35 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B17 C1 C2 C6 |
Dúas probas mixtas ao longo do curso. A primeira (cun valor máximo de 10 puntos) realizarase ao finalizar os temas 1 e 2 da materia, e a segunda (cun valor máximo de 60 puntos) Realizarase ao final do curso e incluirá os 5 temas da asingatura.
O importante á hora da valoración da primeira proba será demostrar coñecementos claros e firmes sbre os conceptos e contidos fundamentais sobre os que se evalua.
Na segunda proba valoraranse os contidos e conceptos fundamentais da materia. A capacidade de desenvolver cuestións teóricas e o ser capaz de levar á práctica o aprendido. |
70 |
Research (Research project) |
A4 A12 A14 A18 A19 A23 A35 A36 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C6 |
Á presentación do proxecto e/ou desenvolvemento da investigación valorarase o problema de investigación elixido, os obxectivos e/ou hipóteses propostos, a introdución realizada, a mostra e a mostraxe realizados, o deseño elgido e a descrición e análise de datos realizada, a discusión e as conclusións obtidas e a bibliografía, todo iso presentado en formato de documento científico. A valoración máxima será de 10 puntos. |
10 |
Os alumnos que continuando na licenciatura, e cursando a materia 306 do plan de estudos da licenciatura e que non alcanzasen o aprobado ou aqueles alumnos do grao que xa cursaron a materia 306 na licenciatura e non alcanzasen o aprobado terán dereito a un exame final e ás tutorías marcadas oficialmente. A asistencia é, nestes casos, un dereito e non unha obrigación, con todo, a realización e presentación dos traballos da materia, é un requisito a cumprir polos devanditos alumnos. Aos alumnos que cursen esta materia por primeira vez lémbraselles a necesidade de cumprir o 70% de asistencia para poder superar a mesma (tanto das clases teóricas como das prácticas). Así mesmo infórmase que é necesario obter, como mínimo, o 50% do exame final (superando tanto o 50% da parte teórica como o 50% a práctica) e o 50% da nota dos traballos en conxunto en para estar en disposición de superar a materia. O exame final constará de tres partes, dúas teóricas que serán preguntas curtas (4 puntos) e preguntas test (2 puntos) e unha práctica que serán problemas a resolver (4 puntos). Soamente os traballos, e non os exames ou probas mixtas gardaranse da primeira á segunda oportunidade dun mesmo ano académico ou entre cursos académicos distintos (onde tamén se gardará a asistencia). Aqueles alumnos que non cumpran este requisito de asistencia obterán o apto na proba mixta e no conxunto de traballos cando alcancen unha cualificación igual ou superior ao 65% da máxima posible. Un alumno considerarase non presentado cando non compareza á proba mixta final (exame) en ningunha das dúas oportunidades dun ano académico. En caso de presentarse a unha das dúas oportunidades da mesma convocatoria, o alumno terá a súa cualificación correspondente.
|