A avaliación continuada (Traballos Tutelados; Mapas Conceptuales; Atención Personalizada), contempla :
- a función diagnóstica, formativa e sumativa.
- realízanse en diferentes momentos: ao inicio, durante e final do proceso formativo.
- tilízanse diversos procedementos e instrumentos de recollida de información.
A Proba obxectiva constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar os coñecementos, as capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa, e pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Nos Mapas Conceptuais avalidarase o traballo individual, no grupo, tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A atención personalizada (AP) avalidarase a partir da participación, tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Anotacións:
1- Os
traballos tutelados e a proba obxectiva deben de obter alcanzar na súa
cualificación polo menos o 60% do seu porcentaxes para poder obter unha
cualificación igual ou superior ao aprobado.
2- Os
traballos tutelados e/ou probas prácticas aprobados só ten validez en cada
unha das convocatorias.
3- A
asistencia a clases deberá de alcanzar polo menos o mínimo establecido na
Memoria do Grao.
4- Os
estudantes matriculados en segunda convocatoria ou máis optarán polo sistema de
avaliación continua, ou por unha proba obxectiva final única que terá un valor
do 100% da cualificación.