Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Traballo fin de grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A35 A34 A33 A32 A31 A30 A29 A28 A27 A26 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 A36 B20 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación en canto a procedementos, temporalización e criterios atópase desenvolvida no programa da materia ao que se pode acceder a través de MOODLE e da páxina web da Facultade.

Nas datas establecidas no Anexo IV (programa da materia), o estudante debe dirixir ao profesor coordinador do TFG un correo electrónico (maglez@udc.es) no que indique o título final do TFG nos idiomas castelán, galego e inglés.

Para a súa entrega, o estudante, unha vez autorizado polo seu director/a, deberá solicitar a defensa do TFG a través da Secretaría Virtual do Estudante. Posteriormente, presentará un só exemplar en papel (un único documento que recolla todos os apartados do TFG) e outro en formato dixital (en CD ou DVD, un só arquivo en PDF que recolla todos os apartados do TFG). Ambos os exemplares entregaranse de maneira independente (un exemplar en papel e un sobre ou caixa co correspondente CD ou DVD) no despacho do coordinador do TFG nas datas e horas establecidas para cada curso académico e que se anexarán a este documento (Anexo IV programa da materia).

Unha vez recibidos o TFG, o coordinador proporá ao departamento a composición das comisións de avaliación e a distribución do alumnado en cada comisión de avaliación segundo os ámbitos de realización dos traballos. Ditas comisións estarán formadas por 3 membros do PDI da UDC. Tras a proposta, o departamento de Educación Física e Deportiva, nomeará as distintas comisións evaluadoras nas que un deles exercerá funcións de Presidenta/e, outro de secretaria/ou e o terceiro de vogal.

Estas comisións de avaliación reuniranse o día que se estableza no calendario oficial de exames do centro sendo autónomas para avaliar os traballos de acordo co establecido nos Anexos II e III do programa da materia.

O estudante presentará publicamente e ante a comisión de avaliación o seu traballo durante 20 minutos e a partir dese momento deberá responder as cuestións que se lle expoñan.

Ao finalizar as defensas, a/a secretaria/ou do tribunal entregará ao coordinador do TFG:
1. As cualificacións dos estudantes
2. Unha data recollida no período de 4 a 8 días hábiles despois da celebración
do acto de defensa pública por se algún estudante desexa revisar a súa cualificación.

O coordinador do TFG nas seguintes 48 horas publicaraas no taboleiro de anuncios do curso e na Plataforma Moodle.

En caso de desacordo coa avaliación outorgada establécense 2 posibilidades non excluíntes:
1. Por medio do coordinador do TFG solicitarase unha reunión coa comisión evaluadora. A comisión de avaliación explicaralle os puntos fortes e débiles detectados no mesmo para facilitar a súa mellora de face a unha futura presentación.
2. Posteriormente, o estudante poderá utilizar o seu dereito a reclamar por medio do procedemento oficial, de acordo ao establecido na Normativa Académica de avaliacións, de cualificacións e de reclamacións aprobada polo Consello de Goberno. Na oportunidade de xuño, se a reclamación é admitida a trámite, contemplarase unha data alternativa de entrega do TFG, se fose o caso, na oportunidade de xullo
(https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf)
100
 
Observacións avaliación

O regulamento completo do TFG debe consultarse xa que completa a información establecida nesta guía,a tópase en MOODLE e na web da Facultade

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes