Inmediatamente anterior ao final da carreira, Cuarto Curso exponse como
obxectivo xeral, integrar o corpo disciplinar dos estudos, así como cubrir o
campo da especialización. Dentro deste curso, Historia da Arquitectura II ten
como obxectivo complementar Historia da Arquitectura I e completar a secuencia dos estudos da área de Composición Arquitectónica, recollendo nunha visión xeral e unitaria o devir da arquitectura a través do tempo, explicando o porque´das permanencias e das mudanzas e fundamentado o coñecemento dos problemas históricos, edificatorios e
urbanísticos en si propios e no seu proceso proxectivo.
Para o mellor desenvolvemento e consecución de estes fins, tomarase como obxecto de desenrolo do curso unha grande arquitectura concreta: unha cidade, que se analizará críticamente ao estudar de modo pormenorizado os seus valores urbanos, espaciais, plásticos, etc. formando un entramado claro sobre o que sexa posible inferir calquera noción e experiencia arquitectónica.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías