Obradoiro |
O Obradoiro é a modalidade formativa básica da asignatura Proxectos 3. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversas metodoloxías (prácticas individuais e/o en grupo, exposición dos traballos e prácticas realizadas, debates y comentarios, así como docencia individualizada).
A través do Obradoiro, o alumno desenrolará os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado. O Obradoiro vaise desenvolver en pequenos grupos de alumnos.
Realizaranse exposicións orais complementarias para introducir os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia y desenrolar os traballos e prácticas do Obradoiro.
|
Portafolios do alumno |
Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos. |