Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Arquitectura |
Asignaturas |
Comunicación gráfica en Arquitectura |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación gráfica en Arquitectura | Código | 630G01053 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Quinto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase teórica dunha hora de duración, impartida con soporte informático, onde se desenvolven os contidos do programa da materia, para a súa utilización nas prácticas propostas. |
Seminario | Seminario por bloque de traballo: Clase expositiva por parte dos grupos de traballo, onde se mostrará a solución adoptada ao apartado correspondente do traballo tutorado. Exponse unha quenda de comentarios, onde participa o resto de grupos, sobre os aspectos do traballo que previamente se definiron. |
Traballos tutelados | Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas. Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque. Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial. |
Proba obxectiva | Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Outras actividades complementarias na formación do alumno constituídas por asistencia a conferencias, charlas, exposicións, etc. |
Presentación oral | Ao final do semestre, cada grupo debe facer unha exposición oral da práctica xeral realizada, presentando cada un dos apartados e participando todos os integrantes, durante un tempo fixado previamente. |
|