Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Proxectos 1 |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos 1 | Código | 630G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller. Na sesión maxistral explícanse e aclaran os contidos dos traballos propostos. De igual modo, combínanse con correccións colectivas dos exercicios desenvolvidos. Acreditación de asistencia á sesión maxistral: rexistro de apuntamentos ´gráficos nun caderno específico de follas brancas. Horas non presenciais: completar as notas tomadas na sesión maxistral coas consultas bibliográficas, de carácter gráfico ou textual, fotos ou apuntamentos do natural, ou outras técnicas propias da linguaxe arquitectónica. |
Proba práctica | Exercicio que permita avaliar o nivel de aprendizaxe. Trátase dun instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e actitudes adquiridas polo alumno en relación á materia. Contido: desenvolver un exercicio análogo aos do curso nun tempo limitado (catro horas). O aprobado da materia require alcanzar o nivel de apto na proba práctica. Preparación da proba práctica: desenvolvemento dos traballos de taller, asistencia ás sesións maxistrais, estudo gráfico das obras de arquitectura referencias en cada un dos traballos de taller, revisión do propio traballo. |
Obradoiro | O taller de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. O Componse de traballo presencial e non presencial. O traballo proyectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as propostas en desenvolvemento. Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proyectual, co apoio e supervisión do profesorado. Horas non presenciais: revisarase e completará o traballo desenvolvido na aula. Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal. |
|