Os contidos desta materia céntranse fundamentalmente na análise dos mercados financeiros e nos instrumentos financeiros dispoñibles para a xestión financeira empresa. En particular, os mercados financeiros internacionais pon a disposición da empresa internacionalizada diversos instrumentos que lle permiten captar recursos financeiros, colocar os seus excedentes de tesouraría e cubrir riscos propios da actividade internacional. Por tanto, é conveniente que os xestores de empresa coñezan estes mercados, así como os instrumentos e produtos que poidan resultarlle útiles nas tarefas de xestión. En particular, estudarase, por unha banda, o funcionamento dos mercados de divisas, débeda e accións e, por outro, a xestión e cobertura dos riscos de cambio, interese e crédito.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías