Guía DocenteCurso Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA | Código | 651G01026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 A3 A11 A12 | Valorarase a asistencia, a puntualidade, a actitude e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado durante a clase. Os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio avaliaranse mediante preguntas incluidas na proba escrita no caso do alumnado que se avalíe deste xeito, e a través do estudo de casos non caso do alumnado que se avalíe de xeito continuado. |
0 |
Estudo de casos | A1 A3 A11 A12 B2 B6 B7 B9 B19 C1 | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. As prácticas de laboratorio e parte das interactivas serán avaliadas deste xeito. |
10 |
Presentación oral | C1 C3 | O alumnado terá que realizar como mínimo unha presentación oral en clase, para expoñer os resultados do traballo tutelado que realice durante o curso. | 10 |
Traballos tutelados | A1 A3 A11 A12 B2 B6 B7 B9 B11 B15 B19 C1 C3 | O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introducción, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía. | 55 |
Análise de fontes documentais | B11 B15 C1 C3 | Elaborarase un pequeno comentario crítico que conteña os elementos máis relevantes que o alumno extrae da análise de documentos audiovisuais (documentais) ou textuais. | 15 |
Proba obxectiva | A1 A3 A11 A12 B2 B11 B15 | Proba escrita tipo test cunha soa resposta válida, onde descontarán as respostas incorrectas. Esta proba soamente se aplicará naqueles casos nos que a avaliación contínua do alumnado, composta polas notas dos traballos que se lle irán requerindo ao longo do curso e un mínimo de asistencia e participación na clase, non supere a nota mínima dun cinco (5.0). Neste caso, a proba obxectiva consituirá o 80% á que haberá que sumar un 20% do traballo tutelado. |
0 |
Sesión maxistral | A1 A3 B2 B11 B15 B19 | Valorarase a asistencia activa, a puntualidade, a actitude proactiva e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado de aprendizaxe durante a clase. Aleatoriamente, solicitaráse do alumnado que asista una pequeña síntese dunhas liñas sobre os puntos máis importantes expostos en clase. | 10 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación será de tipo continuado e a través de traballos de clase, sempre que estes superen os mínimos requerimentos (superen un 5 na avaliación dos mesmos)que se plantexen. De non cumprir estes requerimentos, comunicaráselle ao alumnado afectado este non cumprimento a mediados de decembro e a necesidade de ser avaliado mediante proba obxectiva. O traballo tutelado será o 55% da nota final. A análise de fontes documentais será o 15% da nota final. A presentación oral será o 10% da nota final. A avaliación contínua será o outro 20%, que incluirá o traballo e actividades a realizar durante a docencia práctica, a interactiva e nas sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 80% de asistencia a clase para poder optar á avaliación contínua e a través dos traballos. De non cumplirse, a proba escrita contará o 80% da nota final, xunto co 20% da nota do traballo tutelado.
|
|