Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais |
Subjects |
Didáctica. currículo e organización escolar |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2015/16 | |||||||||||||
Subject | Didáctica. currículo e organización escolar | Code | 652601001 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 1st four-month period |
First | Obligatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Workbook | Establécense unha serie de documentos de lectura obrigatoria que serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. O alumnado -previa lectura individual- deberá realizar a análise destes diferentes documentos en pequeno grupo e grupo aula. Durante o transcurso da materia proporanse 5/6 actividades de aula especificamente deseñadas para a análise en pequeno grupo dalgúns dos documentos máis relevantes. A realización destas actividades iniciarase na aula e será completada mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destas análises tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. Os documentos resultantes da análise serán entregados nas datas que a profesora indique previamente e quedarán dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle. |
Student portfolio | O alumnado, en pequeno grupo, deberá elaborar un portafolios que enmarque os documentos de síntese das 5/6 actividades de aula nunha reflexión fundamentada e argumentada nos documentos de referencia da materia así coma noutros que o alumnado e a profesora consideren oportunos. Ao inicio do curso proporcionarase un guión pormenorizado do portafolios. A realización de dito portafolios iniciarase na aula e será completado mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. O portfolio resultante será entregado na data que a profesora indique previamente e quedará dispoñibles para a súa consulta na plataforma Moodle. |
Mixed objective/subjective test | A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de carácter computable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, dacordo co conxunto de contidos abordados ao longo da materia. |
Guest lecture / keynote speech | Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
|