Esta materia ten un carácter integral no sentido de integrar as aprendizaxes desenvolvidas nos módulos de Tecnoloxía para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, Tecnoloxía para o profesorado de bacharelato e didáctica da Tecnoloxía na educación secundaria.
Durante o seu desenvolvemento trataremos de achegarnos ás estratexias de Deseño de unidades de traballo e a autoavaliación das mesmas, para buscar a mellora continua do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao tempo que nos aproximamos á dinámica dos métodos de traballo, afondando nos curriculums das distintas materias que integran a especialidade, traballando con recursos didácticos e técnicos propios das áreas tecnolóxicas e buscando métodos de organización racional destes dentro da aula-taller.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.