Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Subjects
  Proxectos de innovación e investigación educativa en tecnoloxía
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade para levar a cabo na aula en dúas fases diferenciadas:
En primeiro lugar mediante unha discusión guiada polo docente, para coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado cara á asignatura.
Posteriormente daranse a coñecer os obxectivos e forma de traballo na mesma.
Supervised projects Traballos realizados polo alumnado en grupo sobre un tema referido á proxectos de innovación educativa.
Realizaranse en pequenos grupos de 3 ou 4 estudantes, segundo as características do grupo-clase correspondente.
Cada grupo responsabilizarase dun dos temas suxeridos polo profesor abordando.
O traballo deberá articularse en torno aos seguintes eixes:
1. fundamentación teórica no referido ao cambio de metodoloxía que facilita o recurso estudado,
2. investigación e estudo de caso de proxectos existentes que empreguen dito recurso
3. avaliación dos proxectos estudados
4. deseño dun pequeno proxecto relacionado coa área de Tecnoloxía
5. conclusións finais
6. referencias bibliográficas
Os contidos incluídos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias empregando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declarase usando as citadas normas e no parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade imprescindible para demostrar excelencia académica.
Online forum Espazo de comunicación entre alumnado e docente, para aclarar dúbidas e propoñer temas para a discusión dirixida.
Directed discussion Actividade a realizar como síntese, despois da realización e entrega dos traballos tutelados.
Realizarase unha posta en común e discusión, guiada polo docente, por parte dos distintos grupos sobre os traballos realizados.
Servirá como retroalimentación das aprendizaxes.
Case study Análise de proxectos de innovación que se estean poñendo en práctica na actualidade, de cara á realización dos traballos tutelados, da participación nos foros e á discusión dirixida.
Workbook Busca de información e lectura de material bibliográfico para a realización dos traballos tutelados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes