Glosario |
C3 |
Realización individual do glosario |
5 |
ASISTENCIA- A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular que non acudira a unha aula na que se realizase algunha actividade debéraa de facer individualmente e entregala na seguinte sesión.
- Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha
cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia
xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación
desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame
teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas
actividades. - Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial
poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto,
cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do
inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación
e o proceso de supervisón e seguemento.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
- A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación.
- Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Ausencia de citación de fontes - As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
- Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.
Plaxio - O plaxio en calqueira das actividades da avaliación será motivo de suspenso.
Falsificar unha sinatura - Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.
Copiar nos exames - O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
|