Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Subjects
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Methodologies
Methodologies Description
Workbook Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Workshop Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Mixed objective/subjective test Na última sesión do curso os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Supervised projects O traballo final obrigatorio versará sobre un tema relacionado con algún aspecto da materia que ha ser consensuado coas profesoras. Formalmene axustarase ás pautas definidas no inicio do curso.
Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, a profundidade e o rigor no tratamento do tema escollido así como a clareza expositiva e expresiva. Este traballo deberá ser entregado na data determinada polas profesoras no inicio de curso (polo menos, una semana antes do exame).
Introductory activities Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia.
Guest lecture / keynote speech A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes