Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria | Código | 652608822 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo |
Proba mixta | Proba de carácter teórico-práctico na que o estudante ten que demostrar por escrito, de xeito completo e coherente, os coñecementos adquiridos e ser quen de aplicalos nos supostos que se propoñan (exercicios breves sobre algún texto, reflexión dalgún aspecto concreto...). Valorarase a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e o espírito crítico. |
Actividades iniciais | Na primeira sesión levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa. |
Lecturas | As profesoras proporcionarán ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para aplicar na proba mixta. |
Obradoiro | Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a establezca. |
|