Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario en profesorado de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Subjects
  Metodoloxía do ensino das linguas e literaturas galega e castelá en educación secundaria
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo
Mixed objective/subjective test Proba de carácter teórico-práctico na que o estudante ten que demostrar por escrito, de xeito completo e coherente, os coñecementos adquiridos e ser quen de aplicalos nos supostos que se propoñan (exercicios breves sobre algún texto, reflexión dalgún aspecto concreto...). Valorarase a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e o espírito crítico.
Introductory activities Na primeira sesión levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Workbook As profesoras proporcionarán ao alumnado materiais de lectura que servirán de base tanto para traballar nos obradoiros como para aplicar na proba mixta.
Workshop Coa finalidade de aprofundar no estudo de distintas cuestións relacionadas co ámbito da materia, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, discusións, etc.), nalgúns casos facendo previamente as lecturas que o profesor/a establezca.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes