Prácticas de laboratorio |
A36 A39 A40 B2 B5 B17 B18 C1 C3 |
Esta metodoloxía permite que se aprenda efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico con caracter indagativo. A súa realización é de caracter obrigatorio e para superala é necesario acadar o 50% da cualificación indicada. |
20 |
Proba mixta |
A15 A33 A36 A38 A39 B10 C1 |
Realizarase unha proba escrita. A tipoloxía das preguntas se establecerá ao longo do período lectivo, podendo ser de tipo test, de verdadeiro ou falso, de emparellar conceptos, breves ou abertas de semidesenvolvemento. Para superala é preciso acadar o 50% da cualificación indicada. |
50 |
A cualificación final será consecuencia dos resultados obtidos nos seguientes apartados:
- Prácticas de laboratorio. A asistencia ás mesmas é obrigatoria e non son recuperables. A cualificación deste apartado está condicionada á participación do alumno nas sesións programadas e ao traballo que terá que entregar de cada práctica realizada.
- Traballos tutelados. Faranse concarácter obrigatorio en pequenos grupos (de no menos de 3 e non máis de 5 alumnos) e serán expostos na clase. A asistencia ás exposición é tamén obrigatoria.
- Proba mixta. Terá lugar na data establecida no calendario oficial da Facultade.
Con carácter extraordinario, e en función da dispoñibilidade de datas e/ou de recursos, poderá facerse, previamente á convocatoria oficial, unha proba previa de carácter eliminatorio con preguntas de de calquera das tipoloxías indicadas máis arriba. A esta proba extraordinaria non se poderá presentar o alumnado non presencial nin o presencial que teña acumulado máis dun 20% de faltas de asistencia, independentemente de que estean ou non xustificadas.
Para obter unha cualificación de aprobado é imprescindible: a) ter asistido polo menos ao 80% das prácticas de laboratorio e das sesións interactivas (traballos tutelados); b) obter un 5 sobre 10 en cada unha das partes avaliadas (prácticas de laboratorio, traballos tutelados, presentación de traballos tutelados e proba mixta). A cualificación de suspenso farase en base á media ponderada dos apartados que se teñan suspendido. O alumnado que non asista polo menos ao 80% das prácticas de laboratorio e ao 80% das sesións interactivas (traballos tutelados) e/ou obteña unha nota media inferior a 5 sobre 10 nas prácticas de laboratorio e/ou nos traballos tutelados:
- Terá que realizar, na data establecida no calendario oficial da Facultade, un exame global de avaliación dos resultados de aprendizaxe incluidos nesta guía docente.
- A cualificación final farase en base á nota obtida no exame.
|