Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua estranxeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A42 A44 A46 A47 B10 B12 B17 B21 C2 Proba que integra preguntas tipo. probas de ensaio e probas obxectivas.
60
Presentación oral A43 A44 A45 A49 A60 B15 B17 B21 C2 Exposición oral de traballos en grupo. 10
Análise de fontes documentais A28 A42 B11 B20 C3 C8 Conxunto de procedimentos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con TIC baseados na organización da clase en grupos pequenos nos que os alumnos e as alumnas traballan na resolución de tarefas orientadas a optimizar o seu propio aprendizaxe.
25
Portafolios do alumno A48 B11 B12 B15 B20 B21 C2 C7 C8 Inclúe os materiais produco das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. 5
 
Observacións avaliación
AVALIACIÓN

A avaliación realizarase de acordo cos seguintes criterios e instrumentos:

Criterios de avaliación:

- Verificación do cumprimento dos obxectivos marcados.

- Asimilación dos contidos teóricos e prácticos.

- Valoración dos traballos realizados durante o curso tanto colaboradores coma individuais.

Instrumentos de avaliación:

- I.1 Uso da Lingua Inglesa 2 puntos

- I.2 Didáctica da LE 3 puntos

- I.3 Comprensión e expresión escrita 1 punto

- I.4 Traballo por proxectos 2.5 puntos

- I.5 Presentación Oral 1 punto

- I.6 Portafolios (Opcional) 0.5 puntos

A avaliación dos items I.1, I.2 e I.3 realizarase na data programada no calendario académico oficial e é de carácter individual.

A avaliación dos items
I.4, I.5 realizarase na data programada no cronograma ao comezo do
curso e pódese facer individualmente ou en grupo (non máis de catro
estudantes).

A avaliación do item I.6 é opcional. O portafolios recolle actividades,
tarefas e exercicios realizados na aula tanto orais como por escrito aos
que se deberá engadir un cometario ou reflexión crítica construtiva con
respecto á súa aplicación didáctica nas aulas de Infantil.

Os items
1, 2, 3, 4 e 5 son de obrigado cumprimento para aprobar a materia
obtendo 5 puntos como mínimo. A obtención dun suspenso implica a
repetición de todas as probas na súa totalidade na seguinte
convocatoria.

ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA EN CLASE (80%)

Só se poderá acoxer a esta modalidade o alumnado:

* Que en aplicación da: "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedando eximido/a da obligatoriedade de asistencia.

* Así como o alumnado de Continuación de estudos (repetidores/as).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes