Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Primaria |
Subjects |
Socioloxía da educación |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2015/16 | |||||||||||||
Subject | Socioloxía da educación | Code | 652G02004 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
First | FB | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Document analysis | A61 A64 B5 C6 C7 | Leituras de textos e libros relacionados coa temática da materia. | 10 |
Directed discussion | A23 A65 C4 | Debates na clase acerca dunha determinada temática vinculada coa asignatura. | 5 |
Research (Research project) | A10 A17 A18 A68 B16 B17 B20 | Realización dunha investigación en grupo sobre temas relacionados coa Socioloxía da Educación. | 15 |
Oral presentation | A11 B23 B25 | Presentacións dos traballos realizados ou de comentarios de textos asignados, ao igual que de debates nos que sexa necesario articular unha posición por parte do alumnado. | 5 |
Mixed objective/subjective test | B19 | Trátase dun exame dos contidos da parte expositiva da materia. É necesario lograr un 5 para superar esta sección da materia, e que poida facer media coa avaliación dos contidos prácticos. | 50 |
Supervised projects | A7 A9 A19 B6 | As sucesivas tarefas que as profesoras no proceso de avaliación continua vaian consignando ao alumnado, e que conten coa dirección e apoio das docentes responsables. | 15 |
Assessment comments | |||
A materia consta dunha parte teórica e outra práctica. a) A parte teórica desenvolvida pola profesora en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5. b) A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas pola profesora e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos. c) A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica, 40 % parte práctica e 10 % asistencia e participación en clase. d) Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media.
Dado o desenvolvemento presencial da materia, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de face a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado. Os/As alumnos/as que asistisen a menos do 80% das clases deberán acudir a unha tutoría coa profesora e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia, sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final.
Dentro dos criterios de avaliación da modalidade de avaliación continua considérase especialmente importante: a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises) b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía. c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final.
|
|