Este programa estrutúrase ao redor dos seguintes obxectivos xerais:
a) Proporcionar unha visión elemental das principais correntes e teorías no campo da Socioloxía en xeral e, concretamente, da Socioloxía da Educación.
b) Proporcionar o instrumental conceptual adecuado para comprender os distintos fenómenos sociais e, en concreto, a dimensión social da educación e da escola.
c) Espertar o espírito crítico en relación coa educación e a escola na sociedade actual.
d) Fomentar o enriquecemento da capacidade persoal de análise da realidade escolar, a través do estudo da súa natureza social
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías