As faltas de
ortografía nos traballos e materiais presentados reducirá a puntuación final.
A asistencia considérase obrigatoria.
Se no exame final non se alcanza unha nota de 4,0, non se fará media cos
traballos e a nota final da materia será a ponderada entre o exame (80%) e a
media dos test (Proba de resposta múltiple, 20%).
Os test de cada un dos temas teñen a consideración de exame final obrigatorio
da materia, polo que os estudantes que non asistan a clase deben realizar tanto
o exame final como os test de cada tema, tanto nos exames de maio/xuño coma de
xullo.
Na oportunidade de xullo pódese realizar unha destas dúas probas (exame
presencial e test) ou ambas as dúas, por vontade do estudante. A nota do exame
e dos test fará media coa dos traballos do mesmo modo que no exame de maio.
O estudante que non asista ao 80% das clases, non será avaliado mediante o
sistema anterior. Será avaliado mediante un exame final (80%) e a realización
dos test de cada tema (20% a media dos 7 test), constituíndo esa nota conxunta
a cualificación final desta materia.
Se o estudante non asiste o 80% das sesións e realiza os traballos programados
(Investigación, Presentación oral, Foro virtual e Recensión bibliográfica),
estes supoñerán o 15% da cualificación final, a media dos test outro 15% e o
exame o 70 (sempre que no exame se alcanze un 4).