Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Didáctica da expresión musical
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A53 A54 A55 A56 B1 B22 C3 C5 C7 Ao tratarse dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación da propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como a capacidade para integrarse nun proxecto destinado á obtención de resultados
É imprescindible asistir a un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para obter a cualificación de aprobado (5 puntos sobre 10).
A partir das 10 prácticas obrigatorias sumarase 1.25 puntos por cada asistencia, podendo chegar á máxima cualificación asistindo a 14 sesións.
Nos casos de situacións excepcionais poderase recuperar algunha clase tras un previo consenso co profesorado.
15
Supervised projects A55 A54 B1 B12 B13 B22 B25 C3 C5 Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable. Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
15
Research (Research project) B1 B12 B13 B15 B21 B23 B24 Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
15
Guest lecture / keynote speech A53 A54 A55 A56 B1 B11 B13 C5 C7 Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes formatos:
1. Probas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
25
Mixed objective/subjective test A56 B1 B21 B22 B25 Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Lectura musical (25%).
2. Dictado musical (15%).
2. Entoación vocal (30%).
3. Interpretación con frauta doce (30%).
30
 
Assessment comments

Para aprobar a asignatura cómpre
superar cada un dos anteriores apartados e obter unha nota mínima de 5 sobre 10
en cada un dos exames da proba mixta. No alumnado que, de xeito debidamente
xustificado non poda realizar as prácticas instrumentais, deberá realizar unha
proba dos contidos traballados na aula. Debido a que parte desta materia
consiste na interpretación instrumental e vogal en grupo,  o alumno que reúna os requisitos para considerarse
non presencial deberá acudir á proba acompañado como mínimo de catro
persoas.  No caso de no ser posible isto,
presentará o acompañamento das pezas do programa en calquera formato dixital
dos que se contemplan nos contidos da materia.

Como consideración xeral, terase especialmente en
conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas, de
puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada,
deficiente presentación, excesivo número de riscaduras, etc. Todo elo suporá
redución de puntos da nota obtida.

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sostenible. Atendendo a isto, sempre que sexa posible, na elaboración dos traballos empregarase materiais reciclables e evitarase o uso de productos plásticos na entrega dos mesmos.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes