Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Servizos sociais e benestar social |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Servizos sociais e benestar social | Código | 652G03014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Leitura, por parte do/a alumno/a, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, de entre os indicados pola profesora e, no seu caso, propostos polo propio alumnado. |
Proba obxectiva | Nas datas sinaladas oficialmente para a celebración dos exames, terá lugar unha proba escrita sobre o temario da asignatura exposto nas clases de docencia expositiva. |
Recensión bilbiográfica | O alumnado deberá presentar unha reseña individual dun libro asignado pola profesora que terá carácter obrigatorio. |
Sesión maxistral | A explicación por parte da profesora dos contidos da materia na aula denomínase docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e prantexar posibles dúbidas sobre os mesmos. Durante o curso se poderán realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxeto da materia, aos que o alumnado deberá de asistir. |
Traballos tutelados | A docencia interactiva ou clases prácticas supón a presencia e participación do alumnado, nos grupos constituidos ao efecto. A docencia interactiva ou clases prácticas consiste na elaboración supervisada de diferentes traballos, cada un deles evaluable, que se realizarán tanto no horario de clase práctica coma no horario asignado para o estudo autónomo da materia. En ditos traballos búscase consolidar os contidos da materia e o entrenamento en distintas ferramentas metodolóxicas propias das Ciencias Sociais. Para a súa realización empregaranse recursos coma textos relacionados coa asignatura, fontes de datos en Internet ou medios audiovisuais. |
|