Guest lecture / keynote speech |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
|
Directed discussion |
Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na interveción logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas. |
Speaking test |
A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo. |