Calificarse como non presentado se non se realiza o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos cos mesmos porcentaxes que na primeira edición. Só calificarase como non presentado a quen xa tivese esta calificación na edición de actas de xaneiro e, ademáis, non se presente ao exame oficial de xullo.
As actividades entregaranse na plataforma Moodle. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Só se aceptarán traballos, actividades etc. que se entreguen no prazo establecido.
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).
O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideias de outros autores sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.
Os estudiantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acuerdo co profesor.