Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  LINGUA ESPAÑOLA
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A31 B1 B2 B5 B17 B22 B23 Durante o curso realizaranse actividades variadas relacionadas cos contidos do temario e a súa aplicación práctica. Estas actividades serán obxecto de evaluación.
Valoraranse a capacidade de análise, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a precisión terminolóxica e a claridade e correción da explicación e argumentación.
70
Mixed objective/subjective test B7 B12 C1 Proba escrita na que se avaliará a asimilación dos contidos aprendidos. As actividades do exame serán semellantes ás formuladas en clase e nos obradoiros. 30
 
Assessment comments

Calificarse como non presentado se non se realiza o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos cos mesmos porcentaxes que na primeira edición. Só calificarase como non presentado a quen xa tivese esta calificación na edición de actas de xaneiro e, ademáis, non se presente ao exame oficial de xullo.

As actividades entregaranse na plataforma Moodle. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.


Só se aceptarán traballos, actividades etc. que se entreguen no prazo establecido.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideias de outros autores sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.

Os estudiantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acuerdo co profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes