Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Seminar |
Parte práctica dos contidos expostos a todo o grupo na sesión maxistral, co apoio fundamental no uso de internet. E unha clase tipo seminario por cada clase tipo sesión maxistral. |
Supervised projects |
Consistirá na realización de tres traballos a propoñer polo profesor sobre distintas materias relacionadas coas prestacións da Seguridade Social. Os traballos necesariamente se remitirán por Moodle para a súa avaliación. Cada un dos traballos será exposto polo estudiante na clase ben en grupo ou individualmente según o tipo de traballo solicitado. |