Teaching GuideTerm University College of Nursing (C) |
Grao en Enfermaría |
Subjects |
Practicum |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2015/16 | |||||||||||||
Subject | Practicum | Code | 661G01032 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Fourth | Obligatoria | 24 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Clinical practice placement | Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria. |
Guest lecture / keynote speech | Exposición oral complementada con presentación gráfica e documentación escrita, sobre a aplicación da Ley Organica de Protección de Datos (LOPD) nos Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saúde. |
Student portfolio | O Portafolios conten o rexistro realizado polos estudantes durante o período de práctica clínica. Con unha extensión máxima de 7 páxinas. Constará dos seguintes contidos : 1. Memoria de Prácticas, integrada polos seguintes documentos: - Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas. - Autoavaliación do estudante, mediante items normativizados 2. Diario Reflexivo de Prácticas, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Seminar | O estudante elixirá un procedemento, protocolo ou técnica que se realiza na unidade de prácticas para analizalo segundo as seguintes premisas: Descrición, obxectivos e material necesario (de ser o caso). Fundamento científico dos distintos pasos ou actividades das fases de execución, valoración e avaliación. Avaliación crítica segundo a evidencia científica dispoñible. Será presentado de xeito oral con apoio audiovisual entre un grupo pequeno de estudantes. As datas especifícanse no cronograma de traballo da materia. |
Case study | O estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación: Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso. Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados. Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo. O traballo sobre o caso clínico enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificara, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo la unidade na que se realicen as Prácticas. |
Introductory activities | Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo de estudantes na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ao grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria. |
|