O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno os coñecementos esenciais sobre a mercadotecnia para que poida aplicalos profesionalmente no sector turístico, dende o ámbito estratéxico como operativo.
Neste sentido, trátase de que o alumno coñeza e interiorice:
1. O papel da mercadotecnia na estratexia da empresa turística.
2. As principais técnicas, procesos e funcións da mercadotecnia aplicadas ao sector turístico.
3. Os instrumentos da mercadotecnia mix turística: produto, prezo, distribución e comunicación.
4. Os elementos básicos para a elaboración do plan de mercadotecnia.
5. A investigación e planificación comercial.
O contido da materia estrutúrase en tres partes: 1) Conceptos básicos e plan de mercadotecnia; 2) mercadotecnia estratéxica; e 3) mercadotecnia operativa.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.