Sesión maxistral |
A sesión maxistral é a metodoloxía a empregar nas clases expositivas.
Realizarase a exposición oral de cada lección, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Planifícanse 27 horas presenciais e 42 que o alumno debe destinar ao estudo, preparación de apuntamentos, así como á consulta e estudo da bibliografía recomendada co fin de complementar a súa formación. |
Prácticas de laboratorio |
Dentro das Clases Interactivas inclúese a metodoloxía de Prácticas de laboratorio.
A planificación para estas clases é de 27 horas presenciais, cunha dedicación autónoma do alumno doutras 37 horas, co fin de repasar contidos e practicar na solución de exercicios.
Contempla este apartado:
* Realización de prácticas de laboratorio: Realizaranse tres prácticas de laboratorio: Análise granulométrico dunha area, fabricación dun formigón en laboratorio, para posteriormente realizar os ensaios de consistencia e resistencia a compresión e aplicacións e usos do esclerómetro, ultrasóns e extracción de testemuñas de formigón.
* Realización de distintos exercicios de carácter numérico.
* Realización de controis, consistentes na realización de exercicios a resolver durante un tempo limitado, no horario de clase. |
Proba obxectiva |
Trátase dunha proba escrita utilizada para avaliar a aprendizaxe. Esta proba permite avaliar coñecementos, capacidades e destrezas adquiridas polo estudante. Exporanse unha serie de preguntas con resposta breve, relacionando os distintos conceptos traballados durante o curso. |
Análise de fontes documentais |
Utilizaranse documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, fotografías, artigos de revistas, etc.) co fin de proceder á súa análise. |